Escrito por: Unknown


A HORA DE FACER AS RUTAS TEN EN CONTA QUE:

1.- O percorrido farase andando ou en bicicleta. Empregar outros medios de locomoción molestaría ós demáis usuarios e alteraría a natureza.

2.- Se te afastas do sendeiro, non pises cultivos nin inváda-las propiedades privadas.

3.- Non tires desperdicios ó chan. Recolle todo antes de abandona-lo monte.

4.- Non botes ós regatos lixo, latas con graxa, botellas, etc. As ovellas, cabalos, vacas e demáis, acudirán a beber e poden ferirse ou intoxicarse.

5.- Ten moito coidado co lume. Non prendas lume fóra dos sitios autorizados.

6.- Respecta a tódolos animais e vexetais por insignificantes que che parezan. mellor tomar notas e fotos que exemplares.

7.- Non persigas ou escorrentes ós paxaros e demais animais. Non estrágue-los seus niños, tobos ou agochos.

8.- Non arrinque-las flores ventureiras nin os cogumelos. Non esgáce-las polas das árbores.

9.- Aínda que no campo e no monte hai talos, follas, flores e froitos comestibles (fanerógamas, cogumelos, moras, castañas...) hainos tamén velenosos, mesmo mortais. Non leves á boca nada que non coñezas ben.

10.- Hai tamén animais (larvas, eirugas, avésporas, alacráns...) e memo plantas (ortigas...) que son perigosas soamente con tocalas. Ten coidado.

11.- Se te acompaña o can, debes levalo suxeito para que non asuste ós demáis animais.

¡ A NATUREZA OFRÉCECHE ORDE, PAZ, QUIETUDE, BELEZA E OUTROS RECURSOS. DISFRUTA DELA, NON A QUEBRANTES!

RESPETA A NATUREZA!! NON DEIXES O LIXO TIRADO!!

Para que te fagas unha idea, sabes canto tarda a Natureza en reciclar?

1 papel - 6 meses
1 fosforo - 7 meses
1 Filtro de pitillo - 2 anos
1 Chicle - 5 anos
1 Ferro - 10 anos
1 Botella de plástico - 100 anos
1 Botella de vidro - 400 anos
1 Lata de refresco - Ilimitado

APARTE DE RESPETO E CARIÑO O NOSO MONTE NON PRECISA DE NADA DO QUE TI TRAES!!

Copyright © Rutas de Sendeirismo no Concello de Brión - Concello de Brión