DATOS TÉCNICOS
Inicio: área recreativa do Santo Arandel, Bastavales. [42.820023, -8.642196]
Remate: área recreativa do Santo Arandel, Bastavales. [42.820023, -8.642196]
Kms: 7.5
Dificultade: baixa
A pé: si
Bicicleta: si
Nenos: si
Mascotas: si
Adaptada: non
Auga potable: si (área recreativa)
Perfil:


DESCRICIÓN
RUTA 2 - AMARELA: Santo Arandel – Aldea Chave de Carballo- Río Sar- Aldea de Vidaloiso- Chave de Carballo- Santo Arandel

Ruta circular de aproximadamente 7,5 kms. de percorrido de dificultade baixa.

Todo o percorrido descorre pola parroquia de Bastavales. Comeza e remata na carballeira-área de descanso do Santo Arandel.

Mirando cara á carballeira desde o cruceiro, vemos o comezo da ruta á nosa dereita. Se tomamos como referencia o cartel informativo que se atopa ao inicio da ruta, teremos que encamiñar os nosos pasos pola pista situada á esquerda.

Aos poucos pasos, uns 50 metros, xira á dereita e despois á esquerda facendo doble curva. Seguindo ese sendeiro, volvemos a xirar cara á dereita pola primeira pista depexada que atopamos. Este anaco da ruta discorre por terreo chan bordeando os prados do campo de Xandras, comezando despois unha lixeira subida a medida que nos diriximos á aldea de Xinzo, tendo que coller no seguinte cruce cara á esquerda  (cara á dereita vaise ata a aldea de Xinzo seguindo a ruta granate do Castro Lupario).

Seguimos a camiñata bordeando os mesmos prados ata chegar de novo ao camiño que bordea a carballeira, aquí na extrema dunha finca hai unha pedra grande onde podemos ver o sinal que indica que temos que coller cara á dereita, arredor da carballeira ata chegar á estrada que vai de Chave de Ponte á Telleira. Cruzamos a estrada para adentrarnos na aldea de Chave de Carballo, aldea que cruzaremos pasando pola beira do campo de fútbol e da que sairemos na estrada que vai a Vidaloíso.

Ao chegar á estrada, vemos enfrente un poste que nos indica que temos que coller cara á esquerda para cruzar a ponte por riba do río Sar. Xusto ao pasar a ponte, colleremos cara á dereita por un camiño estreito, de pescadores, que vai pegadiño ao río, seguíndoo durante aproximadamente un quilómetro, polo medio dunha vexetación exhuberante e coa posibilidade de ver numerosas aves (melros, patos, garzas, lavandeiras, paporubios, etc).

Antes de chegar aos prados de cultivo de millo, colleremos un desvío, sinalizado por un poste, cara á esquerda, subindo polo monte ata un camiño ancho e despexado. Este tramo desde a ponte de Vidaloíso é común para esta ruta e para a ruta añil que vai desde Vidaloíso ata a igrexas dos Ánxeles. É xusto neste desvío á beira do río onde o poste nos indica que se seguimos recto imos continuar coa ruta añil, mentras que subindo ata o camiño continuaremos coa ruta amarela do río Sar. Boa parte deste camiño tamén é común coa ruta que vai desde Vidaloíso ata os Ánxeles.

Unha vez no camiño ancho, colleremos cara á esquerda de novo, iniciando xa o camiño de volta que nos levará pola aldea de Vidaloíso. Seguindo este camiño recto, sairemos de novo á estrada asfaltada onde, enfrente, podemos ver un poste que nos indica que podemos coller cara á dereita para subir á aldea de Vidaloíso ou á esquerda para baixar de novo á ponte, iniciando o camiño de volta. Aquí comeza un tramo que é común á ida e á volta, ata saír da aldea de Chave de Carballo.

Ao saír da aldea á estrada xeral, cruzamos e en vez de coller polo camiño por onde viñemos collemos un camiño que hai á dereita e que vai costa arriba adentrándose no monte. Iremos seguindo este camiño cruzando o monte ata chegar de novo á área recreativa do Santo Arandel, rematando aquí a ruta.

Descarga da descrición en pdf: pincha aquí

DESCARGA MAPAS
Descarga mapa en pdf: pincha aquí
Descarga mapa en googlemaps: pincha aquí
Descarga mapa en wikiloc: pincha aquí

DESCARGA TRACKS
Formato gpx: pincha aquí
Formato kml: pincha aquí
Formato kmz: pincha aquí
Formato tcx: pincha aquí

FOTOS
Enlace a fotos: pincha aquí

Copyright © Rutas de Sendeirismo no Concello de Brión - Concello de Brión