- Voltar ao Inicio »
- BRIÓN: TERRA DE PERCORRER DE VAGAR
Escrito por: Concello de Brión
O visitante pódese mover ó chou, sen medo a perderse, ou programa-lo percorrido segundo as súas apetencias. Aquí propoñemos algunhas rutas que consideramos máis suxestivas.
O municipio de Brión cae cara o oeste de Santiago, camiño do mar. Atravésao a estrada AC-543 de Santiago a Noia: 13 quilómetros sepárano da capital galega e 23 desta vila mariñeira.
Paralela a esta estrada entrou en servizo a autovía AG 56 - Santiago-Brión, que continuará a Noia como via de alta capacidade.
Pasa tamén polo seu territorio a estrada de Bertamiráns a Muxía e conecta esta última coa N-55O por medio da LC-300 de Barreiros a Picaraña.
As súas 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias, con 3 entidades de poboación divididas en 33 ruas están intercomunicadas por unha rede de pistas asfaltadas que suma máis de 300 km., na que o visitante se pode guiar perfectamente gracias a unha ben estructurada sinalización.
Na nova división comarcal de Galicia, Brión quedou integrado na comarca de Santiago.