DATOS TÉCNICOS
Inicio: área recreativa do Santo Arandel, Bastavales. [42.820023, -8.642196]
Remate: área recreativa do Santo Arandel, Bastavales. [42.820023, -8.642196]
Kms: 6
Dificultade: baixa
A pé: si
Bicicleta: si
Menores: si
Mascotas: si
Adaptada: non
Auga potable: si (área recreativa e fonte en Xinzo)
Perfil:


DESCRICIÓN
RUTA 1 - GRANATE: Santo Arandel - Aldea Xinzo - Castro Lupario - Ponte Paradela - Santo Arandel

Ruta circular de aproximadamente 5 kms. de percorrido de dificultade baixa, exceptuando a subida ao Castro Lupario, considerable pero curta, e que se pode evitar continuando cara ó río.

Todo o percorrido descorre pola parroquia de Bastavales. Comeza e remata na carballeira-área de descanso do Santo Arandel.

Mirando cara á carballeira desde o cruceiro, vemos o comezo da ruta á nosa dereita. Se tomamos como referencia o cartel informativo que se atopa ao inicio da ruta, teremos que encamiñar os nosos pasos pola pista situada á esquerda.

Aos poucos pasos, uns 50 metros, xira á dereita e despois á esquerda facendo doble curva. Seguindo ese sendeiro, volvemos a xirar cara á dereita pola primeira pista depexada que atopamos. Este anaco da ruta discorre por terreo chan bordeando os prados do campo de Xandras, comezando despois unha lixeira subida a medida que nos diriximos á aldea de Xinzo, tendo que coller no seguinte cruce cara á dereita.

Xa coa aldea á vista, entraremos polo camiño da esquerda, seguindo a parra. Ao entrar na aldea colleremos cara á esquerda para atravesala pasando pola fonte e saíndo de novo á estrada onde colleremos cara á dereita para, aos poucos metros, facendo esquina cunha casa, atopar xa o sinal de continuidade cara á esquerda.

Onde remata esta pista atopamos un poste que nos dirixe cara á esquerda, onde collemos un camiño de monte que ascende lixeiramente encaixonado entre carballos e fieitos ata chegar de novo ao asfalto, onde un poste indica que hai que xirar cara á dereita (subindo).

Ao pouco, no alto, vemos á dereita un poste con dúas opcións: subir ao Castro Lupario ou baixar cara á ponte. En todo caso, se escollemos subir ata o Castro teremos que volver a este punto para continuar a ruta baixando ata o río Tinto e a Ponte Paradela, lugar que marca o límite entre os concellos de Brión e Teo.

Sen cruzar a ponte, colleremos o camiño cara á esquerda, seguindo sempre pola beira do río de Brión.

Ao chegar á seguinte ponte, tampouco cruzaremos senón que colleremos o camiño da esquerda, augas arriba contracorrente, deixando o río á nosa dereita.

Aos poucos metros deixaremos o río comezando a subir o monte Goíñas, seguindo sempre a senda principal durante un traxecto de case 2 kms. Este camiño vai ir serpenteando, case sempre subindo pero tamén en chan e baixando, cruzarase con outros sendeiros a dereita e esquerda pero nós seguiremos sempre o sendeiro principal.

Nesta zona a vexetación é de monte, xa non hai carballos coma ao inicio da ruta, senón que os piñeiros, eucaliptos, fieitos e toxos dominan a paisaxe. Atravesando este monte poderemos disfrutar de fermosas vistas do val da Mahía na parroquia de Bastavales, podendo divisar desde aquí as aldeas de Beca e Xinzo, o Castro Lupario e incluso a igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales.

Na baixada atoparemos unha bifurcación triple de camiños, aquí colleremos de frente cara o cruce do gaseoducto, onde colleremos á esquerda, baixando, ata chegar de novo á zona dos prados do campo de Xandras. Con estes prados diante, colleremos á dereita e chegaremos a outro cruce onde poderemos coller cara á esquerda para volver ao Santo Arandel, rematando así a Ruta do Castro Lupario, ou cara á dereita continuando coa Ruta do Río Sar (8 kms).

Descarga da descrición en pdf: pincha aquí

DESCARGA MAPAS
Descarga mapa en pdf: pincha aquí
Descarga mapa en googlemaps: pincha aquí
Descarga mapa en wikiloc: pincha aquí

DESCARGA TRACKS
Formato gpx: pincha aquí
Formato kml: pincha aquí
Formato kmz: pincha aquí
Formato tcx: pincha aquí

FOTOS
Enlace a fotos: pincha aquí

Copyright © Rutas de Sendeirismo no Concello de Brión - Concello de Brión