DATOS TÉCNICOS
Inicio: Área de piragüísmo de Ons. [42.900891, -8.733684]
Remate: Área de piragüísmo de Ons. [42.900891, -8.733684]
Kms: toda: 20, tramo curto por Salaño: 8 aprox
Dificultade: baixa
A pé: si
Bicicleta: si
Nenos: si
Mascotas: si
Adaptada: non
Auga potable: si (Salaño, Ons de Abaixo)

Perfil: 

DESCRICIÓN

RUTA 6 - AZUL: Piragüísmo Ons- río Tambre- Salaño- Forxán- Mourentáns- Ons

Esta andada  circular discorre na súa maior parte polos termos da parroquia de Santa María de Ons e ten como punto de referencia o encoro Barrié de la Maza, no río Tambre, ao que abeira pola marxe esquerda en boa parte do seu traxecto.

Un amplo meandro do Tambre, mesmo á altura da veciña  vila de  Negreira, delimita a parroquia polos ventos norte, leste e oeste. Esta conta con uns 250 habitantes repartidos en seis lugares.

A ruta comeza  na Ponte Insua, onde a estrada Negreira-Urdilde atravesa o río Tambre. Hai unha  área recreativa e o edificio das instalacións municipais de piragüismo. Segue unha pista de terra pola  marxe esquerda do encoro, no medio de mesta vexetación autóctona (carballeiras, soutos, árborado de ribeira...). Neste primeiro tramo, se as augas do encoro estiveren baixas, poderanse ver as antigas pesqueiras que cada pouco atravesaban a canle do río:  a de Pazos,  no fondo da aldea deste nome e pouco abaixo de onde estivera a antiga Ponte Pías, relacionada coa lenda da traslación do Apóstolo; a do Pouso, formando unha punta de frecha hacia o medio do río; a da Pedreira, próxima á anterior; a de Latedo, que aínda funcionou ata que a asulagou o encoro,  hai sesenta anos; e a do Cornedo, á altura da aldea abandonada de Pontevedra, da outra banda do río.

Andados uns tres quilómetros,  a ruta arrédase do río e vai por monte de piñeiros e eucaliptos, cunha dobre opción: ben subir directamente a Salaño Grande (no quinteiro do medio da aldea hai un cruceiro cunha fonte ao pé) e Salaño Pequeño, onde un se pode desviar cara o fondo da aldea ata o fermoso pazo de Armesto, e Fonte Paredes (km. 7) para admirar a igrexa parroquial de Ons, de estilo neoclásico e mailo seu ben cuidado entorno.

Outra opción é desviarse ata a aldea de Forxán, xa na parroquia de Viceso (km. 6). Aquí cómpre unha parada nesta pintoresca aldea para admirar o castro que a coroa e mailo cruceiro. Quen teña azos, pode enlazar coa ruta dos Cruceiros. Un curto traxecto entre arboredas e labrantíos e moi chan conduce ata a aldea de Mourentáns (hai un esbelto cruceiro barroco). De alí, pouco máis de un quilómetro e en liña recta, ata a igrexa de Ons, a enlazar co descrito anteriormente.

O percorrido lévanos logo ao lugar da Igrexa (onde estivera a parroquial ata finais do século XVIII e queda unha casa vella con dous escudos). A derradeira aldea por onde pasa a ruta é a de Ons de Abaixo, que ten  un xeitoso pazo brasonado e unha fonte de auga fresca. O último treito do percorrido -quilómetro e medio- baixa hacia o Tambre polo monte e atravesa un sombrizo souto de castiñeiros.       

VARIANTES
Co fin de acurtar a ruta para aqueles que non teñan tempo ou azos para facela enteira, está sinalizado un atallo que sube desde a beira do río cara Salaño Grande e daquí vai pola aldea de Salaño Pequeno ata Fonteparedes, ó pé da igrexa de Ons e, desde aquí, continuando co percorrido da ruta. Este tramo abrangue un total de 8 kms. aproximadamente.

Descarga da descrición en pdf: pincha aquí

DESCARGA MAPAS
Descarga mapa en pdf: pincha aquí
Descarga mapa en googlemaps: pincha aquí
Descarga mapa en wikiloc:
      - ruta completa: pincha aquí
      - tramo curto por Salaño: pincha aquí
   

DESCARGA TRACKS
Formato gpx:
      - ruta completa: pincha aquí
      - tramo curto por Salaño: pincha aquí
Formato kml:
      - ruta completa: pincha aquí
      - tramo curto por Salaño: pincha aquí
Formato kmz:
      - ruta completa: pincha aquí
Formato tcx:
      - ruta completa: pincha aquí
      - tramo curto por Salaño: pincha aquí

FOTOS
Enlace a fotos: pincha aquí

Copyright © Rutas de Sendeirismo no Concello de Brión - Concello de Brión